Compostela en marcha

Compostela en Marcha é un novo ciclo de actividades lúdico-culturais que organizan a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago.

Outras das metas do Compostela en Marcha son visibilizar a cultura galega e os axentes culturais de Santiago nas súas distintas disciplinas, trasladar as actividades ao conxunto da cidade incluíndo diferentes barrios e parroquias, e elaborar un programa con propostas atractivas para todos os públicos, de pequenos a maiores.

 

Todas as actividades faranse mantendo as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social necesarias para poder garantir a celebración de eventos nesta nova normalidade.