Asociación de Bares e Pubs de Compostela

Somos a Asociación de Bares e Pubs de Compostela, unha entidade que aglutina aos locais da hostalaría nocturna de Santiago de Compostela. 
 
Os nosos principais obxectivos son velar polos intereses dos nosos socios e socias, dinamizar na capital de Galicia e promover unha hostalaría segura, respectuosa e responsable. 
 
Entre as actividades principais da nosa entidade atópanse a organización de programas culturais como o Compostela en Marcha, a elaboración de campañas de concienciación como o Fala Baixiño e a interlocución coas distintas administracións. 
 

Vive e goza do Santiago de tarde-noite! 

E recorda, na rúa #falabaixiño!