Que vantaxes obterei por pertencer á Asociación de Bares e Pubs de Compostela?
Desde a Xunta Directiva da Asociación de Bares e Pubs de Compostela traballamos arreo na defensa dos intereses dos nosos locais asociados, servindo de interlocutores coas distintas administracións.
Ademais, por pertencer á nosa entidade, obterás un desconto do 40% para asociarte á Asociación Hostalaría Compostela, puidendo beneficiarte dos diferentes servizos que ofrecen e accedendo a múltiples convenios con distintas empresas.
Canto hai que abonar?
Todos os socios e socias da Asociación de Bares e Pubs de Compostela pagan unha cota semestral de 30 euros.
Debo cumprir algún requisito?
Poderán ser socios e socias da Asociación Bares e Pubs de Compostela todos aqueles locais de hostalaría que teñan a súa sede social en Santiago de Compostela e a súa contorna.
Como podo facerme socio?
Só tes que cubrir o formulario que atoparás aquí abaixo (debes cubrir todos os datos) ou se prefires escribir un correo electrónico a socios@barespubsediscotecas.com indicando a túa intención de formar parte da nosa entidade e recibirás un email con toda a información necesaria.
[contact-form-7 404 "No encontrado"]